Ilustración
Realiza traballos de ilustración histórica, live painting, banda deseñada, humor gráfico, ilustración publicitaria, ilustración infantil e xuvenil, ilustración editorial, ilustración de xogos de mesa e de manuais de xogos de rol e infográfica. Emprega técnicas diversas, especialmente a acuarela, a tinta e as técnicas dixitais coa propia intelixencia humana, coa creatividade e pensamento abstracto inherentes.
Curiosidades e rumores...
Din as malas linguas que non houbo berce que a retivese de bebé. Pois coa ilustración, igual. Despois de moitos intentos de especializarse nalgo, decidiu deixarse levar polo factor sorpresa de cara a futuros encargos. No cole, ilustraba os seus libros de texto e cadernos de apuntamentos, ao seu estilo. Emprega a banda deseñada sempre que tiña ocasión.









































