Servizos

  • creatividade

    Creatividade

  • deseño gráfico e infografía

    Deseño gráfico & infografía

  • ilustración

    Ilustración

Para cooperativas, iniciativas e entidades de economía social

Para calquera persoa ou profesional de calquera punto do globo

Para PYMES e profesionais autónomas, imprentas, editoriais...

Para ONGs, asociacións, grupos de participación social, centros...

Para calquera proxecto, empresa, axencia, organismo público...

EXPERIENCIA

Ourense, 1984. Cursou Artes Gráficas na Escola Joso de BD e Gráfica Publicitaria na Escola Massana. Traballou para axencias, imprentas e como freelance para clientela moi diversa en distintos puntos do planeta, desde o 2007.

Aportou a súa visión sobre o homenaxeado Chichi Campos, polo Día da Ilustración 2024. Foi unha das humoristas gráficas convidadas ao 30 aniversario do AVE. Ilustrou láminas sobre a Antiga Grecia para os calendarios da Rede Pastwomen 2023 e 2024. É ilustradora residente en O Globo para Solidariedade Internacional de Galicia. Deseñou o Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. Ten participado en numerosas publicacións de banda deseñada e ilustración para editoriais, museos, universidades, asociacións, ONGs e entidades diversas.

"17 anos son moitos traballos e clientela... Á que está e á que non: un pracer e grazas por confiar nos meus servizos."