ÉTICA
Economía circular aplicada á empresa.
Estás a escoller servizos profesionais comprometidos co medio ambiente. Aplicando a economía circular á empresa e promovendo a economía local, debuxando un futuro sostible para todas as especies.
Xestión ambiental e enerxética. Marketing ecolóxico.
A xestión ambiental e enerxética, así como as técnicas de marketing ecolóxico, son coidadosamente deseñadas para cursar o menor dano posible ao planeta, deixando a menor pegada e favorecendo a existenza de recursos sostibles.
Proteción e defensa dos dereitos humáns.
Esta empresa, rexentada por unha muller, cumple un compromiso social e contribúe coa cooperación e desenvolvemento. Escollendo con sumo coidado os proveidores de recursos e perseguindo a proteción e defensa dos dereitos humáns. Ademáis, préstase especial coidado con respecto á proteción dos dereitos da infancia, en todo o planeta.
Acesible e amigable coas persoas, consciente da diversidade social.
Éste é un espazo de servizos aberto a todo tipo de persoas, que busca a seguridade e comodidade da clientela, así como a calidade da atención: LGTBIQA+, racializadas, migrantes, supervivintes á violencia de xénero, con funcionalidade diversa, neurodiverxentes, masculinidades sensibles ou personalidades diversas, por mencionar exemplos. Se atopas algún aspecto a mellorar, non dubides en comunicalo. Esta empresa fórxase a través da aprendizaxe ao longo da vida e desde o respeto e a experiencia. Este é un espazo que busca ser acesible para todas as persoas, participando nunha transformación social no local e no global.
Espazo libre de violencia.
Nesta web, na comunicación e no transcurso dos traballos e encargos, non haberá cabida para ningún tipo ou forma de violencia machista, racista, capacitista, xenófoba, homófoba, tránsfoba, aporófoba, fascista nin de ningún tipo.
MÉTODOS
Toma de contacto
Coñecémonos, cóntasme o que precisas e acoto para poder imaxinar como vou cubrir as túas necesidades gráficas cun resultado óptimo.
Orzamento
En base á información recibida, enviareite un orzamento á medida, escalado ou unha iguala, si procede.
Á medida
Orzamento xusto para ambas partes, que cubra as miñas necesidades e sexa asequible e asumible para ti, coa calidade de traballo axeitado.
Escalado
Cando non tés claro como vas acotar o traballo e o seu prezo, fágoche un escalado para que poidas escoller o que se axuste ao que queres.
Iguala
Si o que queres é optar os meus servizos remotos de forma continuada no tempo, unha iguala é unha boa opción. Nela, dareite opcións de tarifas planas para que escollas a mellor para ti.
Condicións
No caso da iguala, irán incluídas no contrato de servizos. No caso dos outros tipos de orzamento, acotaráse o que inclúen no apartado "observacións" do orzamento.
Desenvolvemento do proxecto
Elaborarei o proxecto encargado acorde ás indicacións e orzamento, en prazo e forma. De haber calquera cambio imprevisto, por calquera das partes, pactaremos a mellor adaptación para todas as partes.
Forma de pago
Por transferencia, á conta que se especifica na factura correspondente e no número de pagos pactado. Para proxectos grandes, pódese solicitar un pago a prazos sen intereses.
Resultado
Celebrarei que o resultado supere as túas espectativas e que a experiencia fose óptima.
Agradecemento
Podemos tecer rede de apoio, dándonos recomendacións e agradecemento mutuo. Esto axuda moito a acadar audiencia e fidelización. Si precisas novos servizos ou coñeces alguén que os busque, estarei encantada de atendervos. O mesmo fago eu sempre que podo, coa clientela e provedores de servizos alleos. Do mesmo xeito, podemos retroalimentarnos a través de reseñas ou recomendacións en base ao resultado do proxecto.
Destinatarios
Cooperativas, iniciativas e entidades de economía social, PYMES, profesionais autónomas, imprentas, editoriais, ONGs, asociacións, grupos de participación social, centros, calquera persoa, proxecto, empresa, axencia, organismo público ou profesional de calquera punto do globo...