Editorial

Catálogos
    Catálogos
    Guías
    Autoedición
    Banda deseñada
    BD
    Deseño de portadas

Maqueta e realiza deseño editorial, en diferentes idiomas, para proxectos como: catálogos de viaxes, catálogos de arte, folletos promocionais, revistas, libros, coleccións de libros, banda deseñada, fanzines, teses doutorais, manuais didácticos, materiais educativos, libros de texto, unidades didácticas, cadernos, proxectos de autoedición. Ten maquetado proxectos para todo o globo, incluíndo Malasia ou Xapón. Deu forma a proxectos de autoedición moi esperados e a outros sorprendentes e nostálxicos. Desfrutou dun aceso privilexiado ás investigacións relativas a estes traballos, e a outros como a tese doutoral de Ángel Domínguez López “Estudio documental del arte de la platería en las parroquias de la diócesis de Ourense. Del manierismo al barroco”. Esta última, resultou en dous tomos de 672 e 404 páxinas cheas de fotografías sobre pezas de pratería.

Viaxa a través das páxinas, coidando con esmero as imaxes, a lexibilidade, a composición, o estilo e o acabado. O libro final é o seu destiño favorito.

Edicións especiais
    Edicións especiais
    Investigación
    Autoedición
    Catálogos (xaponés)
    Xuvenil

Curiosidades e rumores...

De cativa, imaxinaba, con moita curiosidade, cómo sería traballar deseñando ou ilustrando para editoriais especializadas en banda deseñada, como as francesas... ou de libros infantís. Como estudante de artes e deseño gráfico, soñaba con adicarse ao deseño editorial. Ao estilo de Castelao, Luis Seoane, Katsushika Hokusai, Daniel Gil, Jan Tschichold, Charles Rennie Mackintosh, Aubrey Beardsley ou William Morris. Foi consciente, nese momento, da necesidade inminente de referentes no sector, que non fosen homes brancos. Cerciorouse do seu vínculo e influencia estética do mundo prerromán e medieval, perdéndose, durante horas, en arquivos dixitais de manuscritos iluminados.

O primeiro manual que maquetou, estaba en neerlandés. Fórmase en biblioteconomía e docencia, abrindo novos posibles portais de inmersión no mundo profesional da edición de libros e do fomento da lectura.