Deseño gráfico

Identidade visual

Identidade visual

    Identidade visual
    Contidos dixitais
    Etiquetado
    Cartelismo
    Publicidade
    Infografía
    Xogos de mesa
Aquí e Acolá, O Xusto

Traballa en proxectos de deseño gráfico de xeito multidisciplinar. Especialízase en deseño editorial, deseño de identidade visual corporativa, deseño de aplicacións de identidade visual corporativa, deseño de contidos dixitais, etiquetado de produtos ecolóxicos, con denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida, etiquetas de viño..., cartelismo, gráfica publicitaria impresa e en liña, deseño gráfico aplicado á rotulación e deseño de xogos de mesa.

Como proxectos destacados dos últimos anos, ten deseñado a identidade gráfica do Premio Galego de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global. Ten deseñado campañas para Coruña Viva. Desenvolveu infográfica para catálogos e webs de distinta índole: mapas, organizadores gráficos, planos de cidades, de edificacións, códigos ideográficos como pictogramas, transcricións e interpretacións técnicas para exposicións históricas e semellantes.

Identidade corporativa
    Identidade corporativa
    Etiquetado
    Infográfica

Curiosidades e rumores...

Comezou a súa carreira na grande urbe catalana do deseño, Barcelona, grazas a recomendacións desde a escola Massana. Ten traballado en Barcelona e na súa cidade natal, Ourense, para axencias de publicidade, editoriais, nunha imprenta especializada en grande formato e pola súa conta para múltiples sectores. A súa variada experiencia aportoulle versatilidade profesional, desde a sinalética de carreteiras ao deseño textil deportivo.